Queremos Galego acode aos tribunais ante a nova negativa do Concello de Santiago a autorizar a colocación dun palco para o acto final da manifestación deste domingo
Carlos Callón: “Non poderemos ter palco, mais teremos gorxas”
“O PP procura novas estrataxemas para evitar que a capital de Galiza acolla actos en defensa do idioma galego, despois do fracaso das súas tentativas co Correlingua e co pasado Día das Letras”
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013.- O Concello de Santiago enviou hoxe unha nova comunicación á plataforma Queremos Galego na cal denega absolutamente a posibilidade da colocación dun palco para o acto final da manifestación unitaria que, so o lema “Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola” sairá este domingo ás 12 h desde a Alameda da capital de Galiza. A plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades, decidiu acudir aos tribunais para defender “a liberdade a podermos realizar actos en defensa do noso idioma na capital do noso país”.
O presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego, Carlos Callón, lembrou que “non é a primeira vez que acontece unha situación semellante desde que goberna o PP en Compostela”, pois xa tentaran evitar a realización da actividade escolar do Correlingua e tamén o acto final da manifestación do Día das Letras de 2012. “É triste constatar que ao PP lle proe que saiamos ás rúas da capital de Galiza en defensa do noso idioma e que procure todo tipo de subterfuxios para obstaculizar a mobilización da cidadanía”, sinala Callón.
A plataforma en defensa do idioma propio lamenta a “vocación censorial” do PP e sinala que, a pesar dos “paus nas rodas”, manteñen “mesmo con máis forza” a manifestación e o acto final na Praza da Quintana, aínda que sen palco, tras a prohibición do Concello. “Non teremos palco, mais si teremos gorxas, máis cargadas de forza e de razón”, advirte o presidente da Mesa, que lamentou que no escrito remitido hoxe polo concello, “ameazase con suspender o acto se a organización non cumpre co resolto polo goberno compostelán”.
A negativa do goberno municipal chega hoxe despois de que a plataforma cidadá solicitase a retirada da fianza de 600 euros que lle impuña se quería colocar un palco para o acto final. Queremos Galego argumentou perante o Concello de Santiago que a cantidade que reclamaba como fianza resultaba “excesiva”, visto que é unha entidade sen ánimo de lucro e que esta plataforma ten instalado palco nesa praza en moitas ocasións sen que constasen nunca ningún tipo de desperfectos, ademais de que segundo o artigo 110 da Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública do Concello de Santiago “(…) poderase esixir a constitución dunha garantía a todas as persoas organizadoras e responsables (…)”, sen que a imposición desta fianza teña carácter prescritivo senón potestativo, polo que o Concello non ten a obriga de a exixir a entidades cidadás, e moito menos se o acto que se convoca ten relación co dereito de manifestación e a liberdade de expresión, ambos dereitos consagrados na xurisprudencia estatal e internacional como dereitos fundamentais.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



