Isabel Picoaga logrou unha medalla de bronce o pasado domingo na VI Ruta da Auga celebrada en Betanzos, a pesar de ser a súa primeira participación nunha proba deste estilo sobre un total de 45 quilómetros.
Ademais, sobre esta distancia rematou en 8ª posición Diego Vidal cun fenomenal tempo. Sobre 85 quilómetros destaca a 20ª posición de Javier Legide cun crono de 5 horas e 15 minutos.
Participaron tamén José Luís Falcón, J. Ramón Rguez, Juan José Longarela e Jorge Doural; rematando todos entre os 200 primeiros dun total de 400 participantes.