Ribadeo, 13 de agosto de 2013. O Bloque Nacionalista Galego vai homenaxear, o vindeiro domingo 18 de agosto, a todos e a todas as veciñas de Ribadeo que foron vítimas da represión franquista nun acto que se celebrará a partir das 12:00 h no Cantón dos Moreno e no que a máis das intervencións de Fernando Suárez (alcalde de Ribadeo) e Ana Ermida (responsábel comarcal do BNG) se procederá ao descubrimento dunha placa conmemorativa na casa do que foi o derradeiro Alcalde Republicano de Ribadeo Rafael Cardoso coa lenda “ Na memoria dos demócratas e dos republicanos de Ribadeo”.
Segundo indicou a Responsábel Comarcal do BNG, Ana Ermida , “non é esta a primeira vez na que o BNG homenaxea aos ribadenses que sufriron o franquismo, nin tampouco é a primeira ocasión na que os nacionalistas lembramos aos demócratas na Mariña, algo que levamos facendo desde fai 12 anos en diversos concellos, porén a convocatoria deste ano ten unha particular significación pola dimensión tanto cualitativa como cuantitativa que a represión tivo en Ribadeo, como pola natureza da mesma en coherencia co alcance que acadou na vila a resistencia así como pola forza do movemento frentepopulista e nacionalista e tamén, porque non dicilo, polo que o noso Concello achegou ao esforzo do proceso de cambio que no nacional e no territorial significou a II República”.
Ana Ermida indicou que “imos a lembrar a máis de 152 veciños e veciñas de Ribadeo, homes e mulleres de diferentes clases sociais, posicións ideolóxicas e que foron sometidas a diversas tipoloxías represivas. Na homenaxe van estar presentes os asasinados, como Navarret, Margolles, Fariñas, García, os Torviso ou “O Barquillero” ou Rosalía Alonso, pénsese nos máis de 23 asasinados deste Concello, os exiliados como López Durá ou Pérez Prieto ou os que remataron en campos de concentración dos nazis como José Fernández Fernández, ribadense preso nos campos de concentración de Krems-Gneixendorf XVII-B e Mauthausen onde sería liberado polo Exercito Vermello. Son 152 os nomes, homes e mulleres que imos lembrar, a listaxe dos nomes da dignidade ribadenses que padeceron asasinato ou represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas, con elas acaba o golpe de estado de 1936, a feroz represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. É hora de mudar a historia porque cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre trunfan as destes últimos.
“Por iso – continuou Ermida- para este 18 de agosto de 2013, un día despois do Día da Galiza Mártir que lembra cada ano o asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira pontevedresa, desde o Bloque Nacionalista Galego convidamos ás e aos ribadenses a realizaren un acto de xustiza e de dignidade, honrando a memoria daqueles e daquelas que padeceron o terror franquista por defenderen unha sociedade xusta, igualitaria e democrática”.
O Bloque Nacionalista Galego quere en definitiva convidar a todos os veciños de Ribadeo a homenaxear o Domingo 18 de Agosto ás 12:00 h, no Cantón de Ribadeo, ás vítimas do franquismo que veñen a ser os mesmo que os defensores dunha sociedade de iguais e de libres, unha lembranza que non pode ficar no marco estreito das forzas políticas senón que ten que ser quen de unir ao seu carón a toda a sociedade, un acto que pretende pór en valor os ideais de democracia real polos que loitaron e que hoxe son cuestionados polos mesmos que actuaron naqueles días de 1936 de verdugos intelectuais, unha conmemoración que debe servir para denunciar o maior xenocidio da historia de Galiza e de Ribadeo, porque en Ribadeo non houbo guerra senón limpeza duns contra o pobo, isto é condenar o terrorismo, o único terrorismo que existiu no noso Concello que as forzas da reacción exerceron contra as maiorías sociais, en definitiva, estamos diante dunha afirmación de xustiza que só se pode facer desde a lembranza a todas as vítimas, unhas vítimas que aínda están a gardar as debidas escusas por parte dos seu verdugos.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



