Burela, 20 de novembro de 2013. Este xoves 21 de novembro haberá Pleno extraordinario en Burela a partires das 11 da mañá para amosar o rexeitamento ao plan de emprego que promove a Deputación Provincial de Lugo.
O alcalde, José Mª González Barcia, acaba de anunciar que “os concelleiros do equipo de goberno que cobran pola asistencia á sesión plenaria renunciarán a recibir eses cartos e estes serán destinados a partidas de gasto social municipal”.
E engadiu que “os concelleiros que non cobramos por esa asistencia aportaremos do noso peto a cantidade que nos corresponde e darésmolle estes cartos a Cáritas”.