Os lobishomes son seres humanos que se converten en lobos. Os galiñomes son seres humanos que se converten en galiñas, pero nunhas galiñas malvadas e asasinas. Este vindeiro sábado, día 5, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura de Alfoz, poderemos coñecelos se acudimos a ver a obra do Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, que presentará a obra “A invasión dos galiñomes”. 18 actores do instituto Alfoz-Valadouro, acompañados do incrible cómico local “Cachín”, farán as delicias daqueles que se acheguen.
Os galiñomes chegan a Alfoz
Os galiñomes chegan a Alfoz
Relacionado
-
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas