A mobilización convocada pola plataforma Por unha Ulloa Viva terá lugar o domingo 26 de maio ás 12h. en Palas de Rei
Compostela, 8 de Maio 2024. Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) apoiamos e animamos a toda a cidadanía a participar na manifestación convocada pola plataforma Por unha Ulloa Viva para o domingo 26 de maio baixo o lema “Dende a Ulloa ata a Ría. Terra, auga e aire son vida” [Adxuntamos cartaz].
“Nestas últimas décadas grazas á organización e á mobilización social temos sido capaces de parar grandes proxectos que de seguir adiante terían un impacto tremendo no noso rural e na súa xente. Foron as veciñas as que pararon a mina de Corcoesto, Xinzo, O Suído, Touro, Terra Chá… E son tamén as redes que fomos tecendo as que teñen paralizado neste momento moitos proxectos eólicos. Fortalezámonos, defendamos o noso rural, apostemos polas actividades que crean riqueza e postos de traballo con vocación de futuro”, alenta a Responsábel na Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG, Margarida Prieto Ledo.
Aliás da calidade de vida e saúde da poboación en xeral, de ser construída esta macrocelulosa proxectada polas empresas Altri e Greenalia, a afectación máis importante recaerá sobre as actividades que están ligadas á alimentación, principalmente na agricultura, gandaría, pesca e marisqueo.
No que respecta ao seu impacto na produción agropecuaria, a día de hoxe na contorna de 30km de afectación mínima desta industria hai máis de 5.000 granxas produtoras de alimentos. De feito, só nos catro concellos principalmente afectados temos xa 758 granxas con distintas orientacións produtivas, así como producións de calidade diferenciada como as albergadas no Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Arzúa-Ulloa, a DOP Queixo de Tetilla ou na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia.
Galiza é o territorio con menor Superficie Agraria Útil (SAU) de todo o Estado -só un 21%, fronte á media estatal do 45,8%- e os concellos ameazados por Altri-Greenalia xa están particularmente afectados pola diminución de SAU posto que o destino dunha alta porcentaxe das terras é a forestación. A aprobación dunha macrocelulosa nesta zona incrementaría o número de novas plantacións de eucalipto, entorpecendo o cambio de modelo produtivo no ámbito forestal, empeorando significativamente a escaseza de SAU, a perda de biodiversidade dos bosques, aumentando o risco de sobreexplotación para os acuíferos e zonas húmidas e agravando o risco de incendios forestais.
Estes milleiros de postos de traballo ligados á produción de alimentos en base a granxas de carácter familiar, vinculados á realización de actividades que procuran unha sostenibilidade medioambiental, estarían en perigo por mor do verquido diario de 30 millóns de litros de auga con substancias químicas e a contaminación medioambiental nun radio de alomenos 40km que carrexaría o complexo industrial de Altri-Greenalia. De feito, as persoas que traballan nestas granxas, nestes servizos de atención ás mesmas, etc. viven na contorna onde desenvolven a súa actividade profesional, sendo actores esenciais do mantemento dun medio rural vivo e saudábel.
“A todas luces a construción desta macrocelulosa é un proxecto que non hai xeito de xustificar, ao igual que os macropolígonos eólicos ou novas prospeccións mineiras -asevera Margarida Prieto-. Por iso o Partido Popular leva anos modificando a normativa dende a Xunta de Galicia, o ano pasado sen ir máis lonxe ca Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais. Modificando as condicións legais pretenden saltar os filtros medioambientais que terían que pasar este tipo de proxectos, para aprobalos precisamente de costas á cidadanía. Pero como sabemos que temos a razón, imos conseguir parar esta macroindustria contaminante igual que temos parado outros proxectos lesivos para a saúde das persoas e o medioambiente nos últimos anos”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



