Cervo, 28 de agosto de 2014.- Decenas de persoas, entre voluntarios de Alcoa, do Club Limosa Surf, veciños e persoal do Concello participaron hoxe na segunda limpeza na ría de San Cibrao. Unha iniciativa medioambiental coa que todas as persoas, colectivos e administracións implicadas comparten o obxectivo de mellorar e poñer en valor o noso contorno natural. En concreto, a actuación desenvolveuse no tramo próximo á carpintería de ribeira, onde os voluntarios e colaboradores retiraron quilos e quilos de residuos, axudados da maquinaria achegada polo Concello.
Unha acción coa que se deu continuidade á limpeza realizada o ano pasado, na que se fixeron uns traballos semellantes no tramo entre a ponte medieval e a ponte de San Ciprián e que contou cos mesmos impulsores e colaboradores.
A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, valorou moi positivamente “la preocupación y la implicación en el cuidado y mantenimiento de nuestros espacios naturales de todos los colectivos participantes” e agradeceu a iniciativa destacando que “ha sido posible con los esfuerzos y el trabajo conjunto de todos”.
Ao mesmo tempo, Alonso destaca a vocación de “continuidad” de esta iniciativa, pero facendo fincapé na importancia de que “estas actuaciones vayan acompañadas de una actitud responsable por parte de toda la sociedad, que cuide y respete nuestra riqueza natural y todos los lugares públicos en general”. “Después de esta limpieza esperamos que la ría se mantenga limpia mucho tiempo, porque eso significaría que todos disfrutamos de nuestro entorno con responsabilidad”.