Axentes da Garda Civil deteñen a un veciño da Pastoriza de 29 anos de idade como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas.
Os feitos ocorren cando o suposto autor accede a unha panadería situada no término municipal de Mondoñedo, subtraendo uns 1.300 euros en efectivo do seu interior.
A persoa detida foi posta a disposición xudicial.