Mondoñedo 28 de agosto de 2016.- O Concello de Mondoñedo, co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, vén de convocar o V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro e o XVII Premio de Poesía Díaz Jácome.
Así o apuntou a alcaldesa, Elena Candia, quen sinalou que “estos premios nacen coa finalidade de honrar a memoria dos escritores mindonienses Manuel Leiras Pulpeiro e José Díaz Jácome e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores”.
A rexedora avanzou que cada certame consta de tres premios: un primeiro de 1.500 euros; un segundo de 600 euros e o terceiro de 300. Os gañadores recibirán ademais unha placa e un diploma.
Candia apuntou tamén que “o xurado fará pública a súa deliberación a comezos de novembro no caso do certame Leiras Pulpeiro e nos primeiros días de decembro para o Díaz Jácome. A entrega dos galardóns terá lugar nun acto público organizado polo Concello no outono”. E engadiu que “ os premiados será invitados ao recital de Mondoñedo é Poesía, que se celebra na cidade cada 1 de maio, para reforzar tamén este evento cultural que pon en valor as voces literarias actuais e a tradición poética mindoniense”.
A alcaldesa salientou ademais que “estos certames, xa asentados no calendario do municipio mindoniense, ratifican o compromiso do Concello coa creación literaria e pretenden estimular a creación poética entre os nosos mozos e mozas”.
BASES V PREMIO DE POESÍA MANUEL LEIRAS PULPEIRO
PRIMEIRA. Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG.
SEGUNDA. Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarando deserto o premio.
TERCEIRA. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.
CUARTA. Deberán presentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a dobre espazo.
QUINTA. Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun lema e título. En sobre á parte e cerrado constará o lema e o título no exterior e, no interior, o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio, teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de ser menor, fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso. O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nesta base.
SEXTA. O prazo de admisión de orixinais remata o día 30 de outubro de 2016, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, presenten selo postal de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo: Concello de Mondoñedo.Praza do Concello, 1 27740 Mondoñedo (Lugo). coa indicación V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
SÉTIMA. O Xurado, que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e mais un representante do concello con voz e sen voto que actuará como secretario, fará pública a súa deliberación a comezos de novembro de 2016. A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aos autores seleccionados mediante correo certificado. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no outono. No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.
OITAVA. Este concurso consta de tres premios: Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma. Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma. Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.
NOVENA. Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello de Mondoñedo, para a primeira edición da obra, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.
De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
DÉCIMA. O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
UNDÉCIMA. Os premiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo é Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.
DUODÉCIMA. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.
DÉCIMO TERCEIRA. A deliberación do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.
BASES XVII PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME
PRIMEIRA. Poderán optar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.
SEGUNDA. Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ao fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou a declarar deserto o premio.
TERCEIRA. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor.
CUARTA. Deberán presentarse catro orixinais en tamaño DIN A4 impresos a dobre espazo.
QUINTA. Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título. En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.
SEXTA. O prazo de admisión de orixinais remata o día 31 de outubro de 2016, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo: Concello de Mondoñedo.Praza do Concello, 1 27740 Mondoñedo (Lugo). Coa indicación: XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
SÉTIMA. O Xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, fará pública a súa deliberación nos primeiros días de decembro de 2016. A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aos autores seleccionados mediante correo certificado. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de decembro. No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.
OITAVA.Este concurso consta de tres premios: Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma. Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma. Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.
NOVENA. Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos. De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores.
DÉCIMA. O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
UNDÉCIMA. Os premiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo é Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.
DUODÉCIMA. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.
DÉCIMO TERCEIRA. A deliberación do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



