28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro contra a avespa velutina

21-07-17

Viveiro 21-7-17. En marzo de 2017, o Concello de Viveiro adheriuse á campaña contra a avespa velutina, coordinada dende a Xunta de Galicia, para colaborar na retirada dos niños detectados neste municipio.

Co paso do tempo comprobamos como esta colaboración se ía convertindo nunha asunción, practicamente total, da responsabilidade de retirar os niños. Tendo en conta o elevado número de alertas recibidas nos últimos meses e ante a falta de medios materiais e humanos para atendelas, a finais de xuño o concello remitiu á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural unha carta na que se lle comunicaba a decisión de non continuar coa colaboración comprometida en 2016; esta semana, recibimos a confirmación de que os trámites para o cese xa foran realizados e que, dende este momento, deixaramos de remitir os avisos pertencentes ao concello, pasando a ser xestionados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Con todo, este concello continuará traballando igual que viña facendo antes da adhesión á campaña contra a avespa velutina, colaborando na medida das súas posibilidades e retirando, sobre todo, aqueles niños aos que se poida acceder cos medios existentes e dando prioridade ao casco urbano.

A alcaldesa,
María Loureiro García

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive