Mondoñedo, 12 de novembro de 2017.- O Concello de Mondoñedo fai público os gañadores do VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, concurso que vén de ser fallado. A obra Coleópteros, da autora Lorena Souto, natural de O Páramo, resultou gañadora deste certame. A galardoada obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma.
O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra Álbum da que é autor Emilio Salgado Freire de Betanzos. Pola súa banda, Xosé Ramón Sánchez Varela, de Carballo, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra Queiroas.
A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo, que se celebrará o sábado 25 de novembro, segundo o seguinte programa:
-12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello
-12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta
-12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello
Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro
O Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro chega a súa sexta edición tras nacer coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores.
A sexta edición deste premio, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, estivo marcada polo gran número de participación de obras, con preto de 100 orixinais recibidos.
Segundo as bases, podía concorrer ao premio calquera persoa física que presentase a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG. Os poemas tiñan que ser orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non podían ter sido premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. As composicións tiveron unha extensión máxima de 150 versos e foron de tema libre.
Os orixinais que obtiveron premio no concurso pasan a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



