20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Grupo Provincial do PP considera “totalmente incoherente” a postura do BNG con respecto a Suplusa

15-05-18

Lugo 15, maio, 2018. O Grupo Provincial do PP considera “totalmente incoherente” a postura do BNG con respecto a Suplusa, tras ter anunciado esta mesma mañá que abandonarán a súa representación na entidade pública dependente da Deputación de Lugo.

Os populares cren que as escusas dos nacionalistas non se sosteñen, posto que o PSOE aínda formou parte do último consello de administración celebrado o pasado martes. En concreto, o propio presidente Darío Campos, participou nesa reunión.

Por se isto fora pouco, engaden, con esta nova ocorrencia os nacionalistas deixan tiradas ás persoas seleccionadas no ano 2015 para traballar nas resi-dencias de maiores que aínda non abriron as súas portas na provincia.

Resulta rechamante que mentres a CIG di que defende os dereitos destas persoas seleccionadas o BNG os abandone a súa sorte, sen preocuparse por defender os seus dereitos.

Representación na entidade
O PP recórdalle ao BNG que as decisións que se adoptan en Suplusa responden á súa composición, o mesmo que acontece no Pleno da Deputación. Así, o PSOE contaba con 4 representantes, 4 o PP e un o BNG, polo que serán os socialistas e non o PP os que teñen que explicar por qué os líos internos entre eles están a afectar ao funcionamento da entidade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive