Ribadeo 29-6-18. A profesora de alemán na EOI ribadense, Blanca Sánchez Sampedro, impartiu una charla sobre lingua alemana ao alumnado de 4º ESO do IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO, á súa volta da viaxe de fin de estudos. Este alumnado forma parte do PROXECTO ERASMUS+ que este centro coordina entre setembro de 2017 e setembro de 2019 e que ten como socio ao centro alemán Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen. A charla é unha actividade que se realiza ao amparo dun proxecto europeo titulado “El valor de la ciudadanía: la educación como fundamento del futuro en Europa”, e que supón una profundización nunha das liñas fundamentais do Proxecto Educativo do Centro: a internacionalización do noso ensino.
En setembro teñen previsto realizar a primeira parte deste intercambio que os levará a coñecer Stuttgart, Heidelberg, Munich, Tübingen,… e tamén Estrasburgo, onde visitarán o Parlamento Europeo, ademais de convivir durante 10 días con escolares alemáns. Actividades que o alumnado reflectirá nun blog no que desenvolverán as súas reflexións e no que deixarán constancia das súas aprendizaxes e vivencias. Asimesmo convertiránse tamén en anfitrións e guías dos seus compañeiros e compañeiras de intercambio cando o alumnado alemán visite as nosas terras en abril de 2019. Experiencias académicas e existenciais que de seguro marcarán positivamente o seu día a día escolar no vindeiro curso.
Queremos expresar o noso público agradecemento á profesora Blanca Sánchez Sampedro a súa colaboración desinteresada que permitiu un achegamento do alumnado á realidade alemana a través da lingua, e que terá continuidade cunha segunda charla durante o mes de setembro, nos días previos ao intercambio. Seguiremos informando sobre os pormenores de esta iniciativa conxunta!























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



