25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“CRÓNICA DE PODER”

04-09-18

No tempo Viveiro tivo un peso na configuración da historia política. Hitos que marcaron a vida da nación. Nomes e homes influíron na diplomacia, nas conquistas, nas revolucións.

Temos da Idade Antiga, a lenda, de Viveiro, coma patria do derradeiro emperador de Roma, Teodosio “O grande” de Gallaecia.

Na Idade media e modernidade foi o auxe. Alonso Pérez de Vivero, de Ruño, Contador Maior do Rei, no seu pazo de Valladolid casaron os Reis Católicos. Pedro Pardo de Cela, o héroe galego por excelencia, que resistiu na Frouxeira 3 anos ós exércitos castelás, e o seu poder estaba vencellado a nosa vila. Gómez Pérez das Mariñas, Capitán e Gobernador de Filipinas, fixo os primeiros contactos con China e Xapón, comezou a construir as murallas, o forte e a Catedral de Manila ou formou unha poboación de case medio millóns de habitantes na actualidade “Dasmariñas. Casado soamente un mes con María Sarmiento, a “latina galega”, deixou como herdanza o primeiro colexio seglar de gramática de Galicia. Alí tamén un paisano noso Teodoro de Quirós , fraile que foi o primer exemplo na historia de conservación por parte de colonizadores dunha lingua vernácula , o tagalo.

Do XIX, Nicomedes Pastor Díaz, o príncipe do romanticismo, o poeta que escribiu a prmeira obra en galego despois de séculos escuros. Ministro e Reitor da Universidade Central. Un gran liberal que nos deixou obras de ensaio político ainda hoxe referentes ideolóxicos, “A la Corte y a los partidos”, “La Cuestión Electoral”, “Los problemas del socialismo”, “La Patria”, “Italia y Roma: Roma sin el Papa” .Vicente Cociña Vizoso de Celeiro, representante en cortes, fundador de varios xornais liberais, home influínte, dise que na súa casa xunto a Fernández de los Ríos e os directores da prensa máis importante da época, xestaron a operación de caída dun goberno, que trouxo a súa fuxida e persecución. Nas filas conservadoras estivo Bartolomé Basanta de 1876 a 1881, seu xenro tamén deputado, Ramón Rebellón Zubiri acadou título de cidade otorgado por Isabel II para Viveiro en 1891.

A cabalo da entrada no XX. Benigno López de orixe de Celeiro, politco liberal , banqueiro e naviero internacional chegou a ter oficinas comerciais en Cádiz, Barcelona, Puerto Rico, La Habana… O impulsor de Viveiro y Su Comarca ou a Liga Agraria do Landro Justo Taladrid apoiou a Soto Reguera, deputado por Viveiro, Director Xeral de Administración Local e Presidente do Ateneo de Madrid, tío do actor e humorista francés Loius de Funes que participou en case 150 películas. Anos despois entra na política nacional . Alfredo Cao Riguera, diputado no Congreso na ditadura de Primo de Rivera, os seus herdeiros propietarios da Quinta Pé de Boi ou da Illa de Area.

Antón Vilar Ponte, fundador das Irmandedes da Fala, deputado na segunda república co ORGA, pai ideólogo do xerme autonomista e galeguista ó que debemos o que Galicia é hoxe administrativamente.

Cora y Lira, carlista e agrarista lucense, Xeneral Auditor da Armada. Agapito García Atadell, tipógrafo socialista, xefe dunha cheka na Guerra Civil, delatado en Marsella polo cineasta Luis Buñuel, logo de apresalo no Mexique en Canarias cara Cuba, acusárono do roubo dun botín de 25 millóns de pesetas da época. Cecilio Bedia, Inspector General da Guardia Civil, máximo dirixente do corpo. Lois Tobío, exerceu de diplomático en Bulgaria e tivo un peso fundamental no exilio americano, tras embarcar en Francia no Queen Mary, viaxando a NY, Habana, México, Montevideo…

Longa lista de persoeiros, non só vencellados á política tamén no campo das letras e das artes, da intelectualidade. Cómpre que os novos coñezan a historia de acertos e erros nos colexios e na rúa, a grandeza das azañas dun pobo, para facer un futuro forte con pés de pedra. Esquecidos localmente, a pesar de que deixaron pegada. Ogallá veñan novos ventos. “Non desgasta o poder; o que desgasta é non telo” Andreotti.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive