Xove 11-11-18. Medio cento de persoas procedentes das catro provincias galegas desafiaron esta fin de semana o mal tempo para coñecer unha das costas máis indómita e descoñecida de Galicia, a da Mariña de Lugo. Foi no marco do proxecto Rutas de Historia (www.rutasdehistoria.com), un proxecto de valorización do patrimonio e da historia de Galicia,
A pesar do temporal do venres, os asistentes a andaina disfrutaron dun fermoso día durante o sábado que os levou a coñecer a costa de Xove durante o roteiro “Na procura dos castros que dominaron o mar da Mariña” que guiou o presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda. Os visitantes chegaron desde A Coruña, Vigo, Santiago, Verín, Ames, Pontevedra, Arteixo e desde distintos puntos da provincia de Lugo.
Durante a visita, os participantes subiron ao maxestuoso castro do Coto da Vela de Morás. Dende alí colleron un sendeiro costeiro ata chegar ao singular porto de Portocelo. Continuaron camiño cara ao castro e ás ruínas da antiga igrexa de San Tirso e subindo pola Pena Sombrereira, chegaron ao Monte Castelo. Desde alí divisaron unha fascinante paisaxe de boa parte da costa da Mariña, co cabo de Estaca de Bares a unha beira e a illa de Ansarón, no outro.
Rematado o roteiro, os participantes xantaron nun restaurante de San Cibrao, en Cervo, onde xa pola tarde coñeceron o Castro da Atalaia e a loita de Mariña Patrimonio para paralizar o urbanismo desaforado que destruíu parte deste ben. Tamén visitaron unha das poucas carpintarías da ribeira que aínda traballan en Galicia con barcos de madeira. Ademais, boa parte das persoas que acudiron a estes roteiros pernotaron en establecementos da zona.
Valorización da historia e do patrimonio
A recuperación do patrimonio oculto que atesoura Galicia é a base do proxecto Rutas de Historia (www.rutasdehistoria.com) que puxo en marcha a súa segunda xeira de roteiros históricos por toda Galicia para concienciar á sociedade galega da importancia que ten a súa historia e o seu patrimonio. Uns roteiros que queren servir para fixar na poboación a idea de que as pedras, os vellos mosteiros, castelos e castros, ou as lendas de mouros e reis teñen unha importancia cultural e natural fundamental para entender a idiosincrasia de Galicia.
Neste sentido, Rutas de Historia, ten previsto a realización de oito andainas históricas polas catro provincias galegas, delas, cinco na provincia de Lugo. A idea é fixar na poboación que a historia e o patrimonio tamén poden ser riqueza para un país. As rutas previstas abarcan varios períodos históricos; desde o neolítico ata a época contemporánea.
Na realización destas andainas, que están coordinadas polo portal www.historiadegalicia.gal e que contan co soporte de Abanca e da Deputación de Lugo, colaboran representantes de importantes entidades de defensa do patrimonio como Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Patrimonio dos Ancares, o Proxecto Arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, o Colado do Vento, a Asociación María Castaña ou o Colectivo Capitán Gosende.
Así, entre os guías destas andainas estarán Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio; Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA); Manuel Gago, director de Cultura Galega e investigador; Elixio Vieites, investigador e membro de Patrimonio Galego; Xabier Moure, presidente de Patrimonio dos Ancares; Paula Vázquez Verao, do Colado do Vento ou Xurxo Ayán e Xosé Gago do Proxecto Arqueolóxico do Castro de San Lourenzo.
As andainas comezaron o 22 de setembro e remataron este 10 de novembro de 2018.
Podes coñecer todo o contido dos roteiros na web: www.rutasdehistoria.com Tamén podes atopar información e entrevistas sobre os roteiros desta fin de semana na web www.historiadegalicia.gal























Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



