Viveiro, 14 de maio de 2019. O Concello de Viveiro deseñou unha programación mensual para celebrar o Día das Letras Galegas, con actividades dirixidas a todos aos públicos e, en especial, ao público infantil, entendendo que é fundamental fomentar a cultura entre os máis pequenos.
A primeira das actividades previstas tivo lugar o pasado 9 de maio no Teatro Pastor Díaz, ao que acudiron escolares de 5º e 6º de todos os centros educativos de Viveiro para festexar con Xoán Curiel “canta, miña pedra, canta” a figura de Antón Fraguas. Esta actividade foi coorganizada polas concellarías de cultura e educación e patrocinada pola Deputación de Lugo e Galaxia.
O sábado, 11 de maio, na Biblioteca Municipal houbo unha sesión de contacontos titulada “As lendas de Antón Fraguas”, con Pedro Brandariz, tamén dirixido ao público infantil e que foi organizada co obxectivo de difundir a vida e obra de Antón Fragúas entre os máis pequenos.
O vindeiro venres, Día das Letras Galegas, ás 12:00 horas, na Praza Maior, terá lugar unha actuación do grupo de danzas e do grupo de gaitas de Bágoas da Terra e ás 13:00 horas, na Praza da Fontenova, o actividade “Música e Letras”, cun concerto da coral Alborada de Viveiro e a participación da libraría Porta da Vila.
O venres 24 de maio, na sala multiusos da casa do concello, de 17:30 a 19:30, celebrarase un obradoiro artístico para nenos e nenas a partir de 5 anos. Esta actividade é gratuíta, sendo preciso reservar praza co teléfono 654208333.
O venres 31 de maio colocarase na Biblioteca Municipal un vinilo conmemorativo desta celebración e ao día seguinte, 1 de xuño, terá a última das actividades programadas con motivo desta data, tamén na biblioteca municipal; será ás 12:00 horas, da man de Raquel Queizás, cunha sesión de contos titulada “Raposadas, con Antón Fraguas”. A entrada será de balde ata completar aforo e as entradas (2 por adulto) comezarán a entregarse na biblioteca dous días antes.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



