23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O candidato do PP á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, propón construír un centro de día para maiores na antiga escola de Cedofeita. O inmoble foi visitado por Vega e a conselleira de Política Social, Fabiola García

15-05-19

 Ribadeo, 15 de maio de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, propón construír un centro de día para maiores na antiga escola de Cedofeita. O inmoble foi visitado hoxe, mércores, por Vega e a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García.
Daniel Vega explicou que a proposta consiste en “converter a escola de Cedofeita nunha Casa do Maior, un centro de día para todo o rural do interior do municipio, para que todas as persoas maiores que viven nesta zona teñan un punto de encontro dedicado a elas. Converter este inmoble nun centro de día e dotalo dun servizo de transporte público para achegar aos usuarios a esas instalacións é dar un paso máis en defensa do rural e tamén das nosas persoas maiores”.
O alcaldable do PP ribadense engadiu: “temos que seguir apostando claramente polas actividades para os maiores no rural, como os talleres de memoria ou a ximnasia, e ademais incrementalas con outras como cursos de saúde, nutrición, etcétera”.
Vega rematou comentando: “temos claro o que hai que facer para o Ribadeo do futuro e a política social importa como todas as persoas do conxunto do concello”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive