Burela, 10 de xuño de 2019. O Concello de Burela organiza unha nova edición da Ocioteca de verán para os nenos e nenas empadroad@s no municipio, n@dos entre os anos 2016-2007.
As fichas de inscrición e demais documentación xustificativa entregaranse no Concello dos días 14 ao 17 de xuño, a partir das 8:00 horas. Os nenos/as que non teñan formalizada e entregada a ficha de inscrición nas datas indicadas non poderán asistir ás actividades.
O 20 de xuño farase pública a lista de admitidos/as no Concello e na súa páxina web e o 1 de xullo comezarán as actividades que se prolongarán ata o 30 de agosto.
As actividades levaranse a cabo no CEIP Vista Alegre de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá un máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos. O grupo de 3 a 7 anos contará con 25 prazas e o de 8 a 12 anos tamén con 25 prazas.
A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade nos que ambos proxenitores sexan activos laboralmente e os/as fill@s de mulleres vítimas de violencia de xénero. En caso de quedar prazas vacantes, una vez iniciadas as actividades, completaranse os grupos seguindo a lista de inscrición.
Os nenos e nenas deberán aportar o material necesario para realizar as actividades, listado que se lles proporcionará os primeiros días.
A Ocioteca foi presentada hoxe pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



