22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O 5º número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa

10-07-19

 Ribadeo, 10 de xullo de 2019. O quinto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa desde hoxe, mércores.
A sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14, está dedicada a Cuba. Este país, ao que emigraron naquela época moitas persoas desta zona, tamén ten un gran protagonismo na publicación, que neste quinto número aumentou o número de colaboradores e conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.
Nesta gaceta inclúese o programa de actos do Ribadeo Indiano e poderán ler artigos de novas firmas (Celia Castro, Carlos Arévalo, Álvaro Doural e Juan Fernández Andina) así como doutras que xa participaron en números anteriores: Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín), María José Fernández Azpeitia, Carmen Cruzado e Beni Mántaras. Ademais inclúense escritos sobre o Ribadeo Indiano asinados polo alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, Francisco Iriarte Quintana.
Tamén poderán atopar no quinto número de A Gaceta Ribadense outros contidos, como unha entrevista ao pregoeiro da festa nesta edición, o arquitecto ribadense Ernesto Cruzado Estévez, e numerosas fotos de veciñ@s e visitantes en diferentes momentos desta celebración nas rúas ribadenses durante a edición do ano pasado.
Desde Faro Norte Comunicación, empresa editora de A Gaceta Ribadense, agradecen a colaboración das institucións con esta publicación anual e tamén a participación de ducias de empresas, algunhas das cales levan sendo fieis a esta firma os seus cinco anos de vida.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive