21 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro pregunta a Portos de Galicia pola data de comezo das obras no muelle

12-07-19

 Viveiro, 12 de xullo de 2019. Tras o anuncio, por parte da Xunta de Galicia, do derribo das naves do muelle de Viveiro, o Concello estivo en contacto con Portos de Galicia para solicitar en diversas ocasións información con respecto ás datas previstas de actuación, explicando a necesidade de coñecer eses datos para prever as medidas a adoptar ante a eliminación de tantas prazas de estacionamento, sobre todo, durante os períodos nos que se dá unha maior afluencia de visitantes, como aconteceu o pasado fin de semana coa celebración do Resurrection Fest.

Onte, precisamente, volvimos a poñernos en contacto con Portos de Galicia para que se nos comunicase a data na que vai ter lugar a apertura do muelle de Viveiro e aínda non obtivemos resposta. Dende o Concello de Viveiro non nos alegramos do cese do anterior Presidente de Portos de Galicia, non nos alegramos deste tipo de cuestións, pero agardamos que a nova Presidenta amose máis consideración con Viveiro e un maior diálogo co equipo de goberno que neste caso, por decisión dos veciños e veciñas de Viveiro, é do PSdG-PSOE.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive