26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A colecta AECC-Foz alcanza os seis mil oitocentos euros

06-08-19

 Foz, a 7 de agosto de 2019. Hoxe con un reconto provisional da colecta que fixemos en Foz o pasado día catro, temos que dicirlles os veciños e visitantes que ademais de moitas gracias por mostrar a súa solidariedade dunha maneira tan especial e importante para os enfermos de cancro. Gracias a ese esforzo económico sumado o dos veciños de outros pobos a Asociación Española Contra o Cancro puido atender a 490.987persoas para darlles resposta as súas necesidades psicolóxicas e sociais, poido atender 75.627 chamadas no telefono de infocancer as 24 horas do día todos os días do ano e ademais puido financiar 334 proxectos de investigación por un importe de 56 millóns de euros que a converten na entidade privada que mais inverte en investigación.
Tamén, na Delegación Local da AECC de Foz, temos que pensar que detrás de esas dez mesas solidarias, con unha recadación que supera os 6.800 euros, estaban ese cento de voluntarios, veciños de varios barrios a rúas, ademais de colaboradores que non lles importou sacrificar o seu tempo de lecer para representar a AECC e demostrar que o marxe da climatoloxía o esforzo merece a pena.
Por primeira vez as comparsas de entroido AS FARANGULLAS, AS TROULEIRAS, SIN XEITO, MALO SERÁ, TAS QUE PIAS, TERAPIA DE GRUPO E VANCHE GALANAS deron un impulso xuvenil na asociación local que nos desbordou todas as previsións, que entendiamos acertadas, o que nos obriga a recoñecerlles especialmente o seu bo traballo.
Dende a Delegación Local da Asociación Española Contra o Cancro queremos mostrarlles a todos o noso agradecemento por dar a cara con nos e axudar a que ningún enfermo de cancro se sinta só.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive