26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Convocada a terceira edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá

09-08-19

Lourenzá, 9 de agosto de 2019. A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a terceira edición do certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “neste certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro afeccionado que superen un proceso de selección. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, etcétera”.
Manuel Arango engade que “nas bases, que están publicadas na páxina web do Concello, establécese un premio de 750 euros á mellor representación. Así mesmo haberá trofeos para os mellores actor e actriz, actor e actriz de reparto, posta en escena e un premio concedido polo público asistente ás representacións. As obras representaranse durante o mes de novembro e no mes de decembro haberá unha gala especial de entrega de premios”.
A obra premiada como mellor representación na edición pasada, na que participaron 17 grupos, foi Deus, unha comedia, da compañía Fauna 113, de Vigo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive