10 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Emenda do BNG de Viveiro aprobada para a elaboración do ROFM

09-09-19

Viveiro, 9 de setembro, 2019. A moción do grupo municipal do PP para o acceso á información de caracter municipal foi rexeitada en pleno ao presentar nós unha emenda de substitución á súa moción. Entendemos que a moción presentada polo Partido Popular consiste nun resumo do marco legal, polo que é totalmente innecesaria ao concederse xa por decreto de lei, mais consideramos que o acceso á información é un dos aspectos que deberan estar regulados no Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal, que a día de hoxe non existe no Concello de Viveiro e que se evidencia cada vez máis a súa necesidade.

Por todo isto, na nosa emenda de substitución instamos á corporación municipal de Viveiro a:

Crear unha comisión de traballo, da que formarán parte as e os portavoces de todos os grupos políticos con representación na Corporación Municipal, para a elaboración do texto do Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal.

A Comisión de traballo deberá ser constituída antes da celebración do próximo pleno.

O Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal deberá ser aprobado polo pleno da corporación no prazo máximo dun ano a contar desde a data de constitución da devandita Comisión de traballo.

O resultado das votacións en pleno foron os seguintes:

A Favor: BNG, PSOE, PP, Por Viveiro.
En contra: Son Viveiro.

Ficando así aprobada a emenda de substitución.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive