Ribadeo, 10 de setembro de 2019. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que tanto Trabada como Ribadeo seguen a agardar pola chamada do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para falar do abastecemento de auga a ambos municipios. Para o rexedor ribadense non hai peor cego que o que non quere ver e acusa ao portavoz do PP no Concello de usar a mentira para sobreactuar e facerse ver “aínda que a realidade é ben diferente”. Suárez Barcia lembra que a Xunta elaborou un proxecto para mellorar a rede da traída en Ribadeo por importe de 5 millóns de euros, no ano 2010, pero como resultou ser moi custoso fixo despois unha separata que contemplaba a construción dun depósito e un investimento de millón e medio de euros. Esa obra tampouco se puido executar porque Intervención da Xunta non informou favorablemente por tratarse dun proxecto europeo parcial e non integral. O alcalde considera que se trata dunha situación moi inxusta para Ribadeo e a súa veciñanza.
Fernando Suárez declarou que “non hai peor cego que o que non quere ver e a mentira, a falsidade e a manipulación burda están sendo os instrumentos que este voceiro do PP de Ribadeo está utilizando para sobreactuar e facerse ver. A realidade das cousas, de como foron e de como son, é algo ben diferente sobre todo se vemos a documentación de todo este proceso de inxustiza da Xunta contra Ribadeo e contra Trabada por mor da renovación da traída de máis de vinte quilómetros de auga que dá servizo a estes dous concellos, e que necesita, pola súa antigüidade, a súa renovación”.
O rexedor ribadense pregúntase: “cómo se pode dicir que non temos interese despois de todo o que levamos loitado por substituír esta acometida. Todo o que foi redactado pola Xunta, nestes últimos anos, foi pola presión terrible que fixemos desde o Concello de Ribadeo debido aos problemas que lle vimos manifestando desde hai anos, ben sexa por esta tubaxe que ven desde o río Eo dando servizo a Trabada e máis a Ribadeo, ben fose polos vertidos de lixiviados doutra industria á outra captación que temos no río Grande aquí en Ribadeo, polo que a Xunta, sobre o ano 2010, para non ter competencia na materia como di ás veces, si que redactou un proxecto de máis de 5 millóns de euros para a substitución de toda a acometida. Como este proxecto era tan grande decidiu facer unha separata, unha parte parcial, consistente en levar adiante unha primeira fase que contemplaba un depósito de auga en Ove, un proxecto que cifrou en 1´5 millóns de euros e que en ningún momento a Xunta pediu a entrega dos terreos para facer tal depósito, posto que o único que solicitou foi un informe de conformidade urbanística, que por suposto se lle remitiu, xunto coa solicitude de corrección de erros daquel proxecto que tiña abondo”.
Suárez Barcia seguiu a relatar que “ademais aínda que non pediron formalmente os terreos, sabendo como sabemos como as gastan ás veces como se ve nestes días, xa neste mandato anterior, o que rematou hai uns meses, tomamos todas as medidas, expropiamos os terreos coa conformidade da Xunta por certo, para poder entregalos no momento en que se nos pidan. É máis se nalgún momento realmente chegaran a pedir a posta a disposición inmediata dos terreos, teríamos utilizado outras fórmulas máis rápidas como ocorren noutros concellos a través do aluguer dos terreos ou mesmo da compravenda”.
O alcalde manifestou que “o bo de ir tendo experiencia nestas lides, e hai que dicilo ben alto tamén, é que a realidade contada tempo despois por un novo director de Augas, contada a este alcalde aquí en Ribadeo, foi que o proxecto grande era moi custoso para investilo en Ribadeo e o proxecto máis pequeno, o que só contemplaba o depósito, non o puideron levar adiante xa que a Intervención da Xunta non lles informou favorablemente un proxecto europeo que fose parcial, isto é, deberá ser integral. Esa é a crúa realidade”.
Para Suárez Barcia “todo isto é unha situación moi inxusta para os veciños que pagamos o canon da auga, desde hai máis de dez anos, a razón de 200.000 euros por ano, soamente da auga sen ter en conta o saneamento, precisamente para que se aborden infraestruturas como as que se están a demandar. Polo que confiamos, que máis aló deste ruído mediático que hai para xustificar o inxustificable, o presidente da Xunta, se realmente quere ser o presidente de todos os galegos e tamén dos de Ribadeo e tratar por igual a todo o mundo e a todos os Concellos, debe recibirnos, tanto a alcaldesa de Trabada como ao alcalde de Ribadeo, debe escoitarnos, e debemos poñer en común a vontade de todas as administracións para resolver un problema polo que levamos loitando moitos anos e que non habemos parar ata telo conseguido. Seguimos polo tanto agardando a chamada do presidente da Xunta”.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



