A Política, que a temos ata na sopa. Asistimos novamente a unha comedia incomprensible, repetición de eleccións. E mentres non hai consenso quedan aparcados os principais problemas para evolucionar co mundo, camiñamos a ser fósiles desfasados para competir e á extinción dun Estado de Benestar. E a xente do común, máis preparada que os propios cargos, que madruga para traballar farta de tanta leria, está doida e cansa.
Na Mariña , vemos como despois das municipais todos os programas son papel mollado. O compromiso coa transformación social, a inversión ou as ideas quedaron nun caixón baixo chave ata dentro e 4 anos. Nin están nin se lle espera á mellora de infraestructuras; vemos a morte económica e non se crea un cinturón industrial alternativo coa materia prima ; a aposta polo emprendemento ; mancomunar servizos e facer eficiente a inoperativa burocracia actual; plans estratéxicos turisticos e culturais, coma a protección do patrimonio natural, histórico ou de embelecemento urbán das nosas vilas. Cousas sinxelas que non sementamos, para regar e recoller os froitos. Hai quen dí que “máis escolas e menos caciques”, na educación está a base.
Pero non esperemos nada novo, as enfermidade da política son os Síndrome de Procusto ( Ser eucaliptos, cortan a cabeza a quen sobresae , mesturanse con xente non válida e dócil), Hubris ( A soberbia do poder , coma deus omniscente creerse no uso da verdade única), Omertá ( O Silenzo mafioso). É necesaria unha reforma territorial e unión de entes públicos. Temos un sistema electoral oxidado finisecular, sen listas abertas ,segundas voltas, mandatos limitados, representación por distritos, participación cidadá, elección directa, limpa e democrática. Precisamos de mentes abertas, coñecedores doutras realidades no globo, os mellores, non hooligans de partido que non poidan chegar a cosensos. Por desgraza quen intenta participar con boas intencións cúspeo o sistema. Temos representantes con poder de acción, que non atraen inversión e faltos de ideas, ós que non se lles coñece nin obra, nin pensamento, sen oficio, nin méritos, sen unha base de activismo social previo, nin liderazgo entre as masas, postos polo dedo máxico, a dedocracia… Isto nos países máis avanzados do mundo non acontece.
Menos mal que hai moreas de persoas altruistas, tamén na política local, asociacións, empresas e outros texidos sociais que contribuen a facer mellor os pobos.
Non se entende a situación, pero hai esperanzas de depuración desta ferida supurante. To be Continue. Al Smith “Tódolos males da democracia poden curarse con máis democracia”.
Antonio Lage-Seara





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



