29 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As infraestruturas viarias na Mariña, prioridade do BNG

18-10-19

 A Mariña, venres, 18 de outubro 2019. A candidata ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil visitou no día de hoxe diversos puntos da N-642 e N-634 nos concellos de Foz e Barreiros, xunto con Daniel Castro, tamén candidato mariñao ás Cortes do estado, Francisco Xavier Fanego, tenente alcalde de Foz, e a responsable comarcal e alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, reuníndose con veciños da zona que denunciaron unha vez mais o estado de abandono destas dúas vías, que soportando un elevadísimo volume de tráfico presentan moitísimas deficiencias. Deficiencias que a pesar dos repetidos anuncios de reparación integral dos sucesivos gobernos de PP e Psoe, siguen aí.

Abandono da N-642 e N-634

Neste sentido, o tenente de alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego fixo fincapé na situación da N-642 no término municipal de Foz e anunciou que instará ao instará ao Ministerio de Fomento á reposición de pasos de peóns nas parroquias de Nois e Cangas, tal e como demandan moitos veciñ@s, que vén como siguen sen repoñerse despois de seren eliminados nos traballos de parcheo realizados hai mais dun ano, o que significa un serio perigo para a seguridade vial na zona. Os veciños tamén trasldaron a necedidade dunha rotonda dada a peligrosidade do cruce entre a N-642 estrada de Ferreira e a saída do centro social ao polideportivo e á igrexa
Tamén se referiu á situación perigosa na subida de Mañente, donde despois dun accidente dun vehículo pesado, a ponte sobre a N-642 sigue sen repararse, estando cortado parte dun dos carrís, tamén co conseguinte perigo.

Ana Ermida, responsable comarcal do BNG e alcaldesa de Barreiros referiuse tamén ao deplorable estado da N-634 ao seu paso por Barreiros, especialmente no tramo Vilamar-Celeiro de Mariñaos-San Cosme, co firme deteriorado e sen que ata agora o Ministerio actuase, agás algún parcheo puntual que non solucionou o problema, a pesar de ter coñecemento o organismo estatal desta situación por medio do concello de Barreiros.

Dúas décadas de retraso

Para a candidata Olalla Rodil, “esta situación resulta intolerable, despois dos repetidos anuncios electorais de PP e Psoe, que nunca procederon á rexeneración e reparación integral destas dúas importantes vías de comunicación para A Mariña, o que da fe do pouco interés que para estas dúas formacións políticas tén esta comarca, tanto en infraestruturas viarias como noutros eidos”, afirmou.

Non deixou de recordar tampouco a débeda que o Estado tén con esta comarca, que leva dúas décadas de retraso en infraestruturas viarias, tendo en conta que tras innumerables promesas de PP e Psoe, a autovía Barreiros-San Cibrao sigue sen estar xa rematada, así como a vía de altas prestacións San Cibrao – Ferrol. Infraestruturas estas dúas que sempre estiveron, están e estarán na primeira páxina da axenda do BNG.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive