17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Francisco Conde “A inacción do goberno está poñendo nunha situación absolutamente límite a planta de Alcoa San Cibrao”

18-10-19

 Viveiro, 18 de outubro, 2019. O conselleiro de industria visitou Viveiro este venres, no 20 aniversario de Vestas na cidade. Conde referiuse á preocupante situación de Alcoa na comarca. “Efectivamente estamos nunha situación crítica, Alcoa traslada uns resultados que non permiten ser optimistas dende o punto de vista da empresa e nomeadamente dende o punto de vista da empresa aquí en Alcoa San Cibrao.

Alcoa leva moitos meses, un ano en concreto, trasladando e advertindo de que en España non hai un prezo competitivo para producir aluminio primario; é o mesmo tempo que o Goberno leva sen dar unha solución a través do estatuto de consumidores electrointensivos.

Polo tanto, lamentablemente a inacción do Goberno está poñendo nunha situación absolutamente límite a planta de Alcoa San Cibrao e nós o que lle pedimos ao Goberno é que realmente reaccione, que se poida garantir un prezo competitivo e que dende logo a súa inacción non nos leve ao desmantelamento industrial dunha comarca como A Mariña e dunha provincia como Lugo, que realmente e despois de tantos anos e despois de demostrar a capacidade competitiva que ten a planta de Alcoa San Cibrao non parece xusto que por non acadar un acordo dende o punto de vista do prezo eléctrico nos vexamos abocados a unha situación tan crítica

Nestes momentos non temos ningunha sinal por parte do Goberno de que vaia cambiar o escenario, polo tanto entendemos que esta situación non debe proseguir por máis tempo. O Goberno ten a capacidade de poder aprobar estando en funcións o estatuto dos consumidores elecrointensivos, e polo tanto se non o fai é porque non hai unha vontade política realmente de garantir ese prezo, polo tanto non hai unha vontade de que Alcoa San Cibrao siga producindo aluminio primario

Á Xunta de Galicia preocúpalle enormemente esta inacción, porque significaría desmantelar a industria desde Madrid, e iso nós non imos permitilo, non imos colaborar con esa posición insensible que nestes momentos está tendo o Goberno de España”, concluiu o conselleiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive