26 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo mellora a seguridade dos peóns construíndo unha beirarrúa que conecta todo o polígono de Cuíña

18-10-19

 Cervo, 18 de outubro.- O Concello de Cervo está a construír estes días unha beirarrúa de 1,65 metros de anchura que conecta todo o Polígono de Cuíña.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, supervisaron a actuación que ten un prazo de execución de 3 meses e que conta cun orzamento total que ascende a 150.000 euros, o 70% procedente da Xunta de Galicia, a través do programa de axudas de Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais da Consellería de Industria.

Villares destacou a importancia desta obra que executamos nunha zona con gran afluencia de viandantes e que ata o momento carecía de espazos diferenciados para os peóns nese tramo que abrangue medio quilómetro de lonxitude “polo que con esta actuación, que enlazará todo o polígono, melloramos substancialmente á seguridade, favorecendo a convivencia do tráfico rodado e dos viandantes”.

O investimento inclúe, ademais da execución desta beirarrúa na Avenida da Veiga, a instalación do tendido eléctrico, o aglomerado do aparcadoiro do IES Marqués de Sargadelos e a reposición do firme diante do Centro de Día Residencia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive