21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O equipo cadete do E.X. Porta Norte acada o subcampionato galego de conxuntos base

07-10-19

 Burela, 7 de outubro, 2019. O pasado domingo 6 de Outubro celebrouse o Campionato Galego de Conxuntos Base en Ourense, donde o Equipo Cadete da Escola de Ximnasia Porta Norte acadou o segundo posto da clasificación. O equipo composto polas burelesas Elisa Fraga, Carla Enríquez, Daniela Enríquez, María Lestao e María Valcarcel realizou dúas rotacións moi regulares coas mazas que as posicionaron no segundo escalón do podium e as fixeron merecedoras do titulo de Subcampionas Galegas, o que lles outorga un billete para o Campionato de España de Conxuntos Base.

Na xornada de tarde da competición, Mara Pigueiras, ximnasta de O Vicedo, tamén de Escola de Ximnasia Porta Norte, fíxose cunha das cinco prazas da súa categoría, cun meritorio cuarto posto coa cinta, o que levaraa a desputar a Copa de España Individual Base no mes de Novembro en Pamplona.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive