21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pescados Rubén 3-1 Leganés Masdeporte

12-10-19

 Burela, 12 de outubro, 2019. Aliouse esta tarde o Pescados Rubén Burela FS á intesidade e velocidade de balón para seguir o seu periplo sen erro e sumar tres novos puntos fronte ao Leganés Masdeporte (3-1), na quinta xornada de Primeira RFEF. Vista Alegre presenciou unha gran cita na que as mariñás crearon moito perigo ofensivamente, aínda que faltando un puntiño na finalización, e ofreceron unha gran reacción nas perdas de balón para frear ás madrileñas, que apenas dispuxeron de ocasións.

Viviu Vista Alegre un gran monólogo das Guerreiras. No minuto 13, Jane, de rexeite, conseguiu por fin abrir o luminoso. Elisa salvara con solvencia a rede madrileña ata o momento ante as embestidas burelistas, con Jenny e Lara Balseiro entre as destacadas. Medrou en perigo entón aínda máis o Pescados Rubén, cunha porteira moi acertada. Cilene e Jane intentárono nos seguintes compases, Bea Mateos non puido finalizar con éxito ao segundo pau o pase da 6 brasileira. A propia Cilene e Ale de Paz foron dúas das que puxeron máis en apuros, sen a recompensa merecida.

Renovouse o xogo con cambio de gardametas, con Ana Romero e Sandra. Jane tivo o segundo no 24 estrelándose contra a porteira, tras unha tímida contra protagonizada por Patri. Por fin se ampliou a vantaxe para dar tranquilidade no luminoso; tan só un minuto fíxolle falta á internacional Peque para selar dobre diana, primeiro nun lanzamento que superou lentamente a liña de meta nunha tentativa infrutuosa por evitalo e pouco despois nunha deixada atrás. Faltaban cinco minutos e o Leganés atopou o gol, a través de Werner, tocando en última instancia en Dany. Optaron entón as de Iván Labrado polo xogo de cinco con Saki. Mantivo a renda o Pescados Rubén Burela ben e aínda dispuxo dun par de ocasións a porta baleira.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Peque, Jane, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Bea Mateos, Luci, Jenny Lores, Ale de Paz, Lara Balseiro, Ana Romero

Leganés Masdeporte FSF: Elisa, Patri, Lucía, Rocío, Elena, cinco inicial; tamén xogaron Chuli, Saki, Werner, Andrea, Sandra

Goles: 1-0, minuto 13, Jane; 2-0, minuto 26, Peque; 3-0, minuto 27, Peque; 3-1, minuto 35, Werner

Árbitros: Carreira Romero // Coello Martínez.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira RFEF disputado en Vista Alegre cuns 600 espectadores/as. Pescados Rubén Burela e Leganés Masdeporte Deron a Cara contra o Cancro cun fair play en Rosa, pola proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -19 de outubro-.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive