08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este luns as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, estiveron cos rapaces da Fundación Eu Son realizando un taller de decoración de frascos de vidro

19-11-19

Esta actividade enmárcase dentro das actividades programadas pola Delegación de Medio Ambiente na Semana Europea da Prevención de Residuos, que se celebra do 16 ao 24 de novembro, este ano baixo o lema “Cambia os teus hábitos, reduce os teus residuos”. Mañá, mércores, haberá un taller de cociña con sobras cos membros da Asociación Camiña e ao longo de toda esta semana están dedicando o seu facebook a este tema, a animar á pobación a cambiar os seus hábitos de consumo por outros máis sostibles co medio ambiente, xerando menos residuos. Desde Gaia subliñan que “está moi ben reciclar os residuos, pero non debemos esquecer que o mellor residuo é o que non se xera”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive