28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alumnado do IES San Rosendo do ciclo de superior de xestión forestal e do medio natural, realizou unha visita a Boqueixón

22-11-19

A viaxe consistiu nunha visita pola  maña ao Centro Ictiolóxico  de Ximonde situado a beiras do río Ulla, no concello de Vedra. Acompañados de alumnos e profesorado da CFEA de Sergude, onde se lles explicou os diferentes traballos e técnicas empregadas para o seguemento das diferentes  poboacións piscícolas nos ríos de Galicia (lamprea , reo , salmón …), marcaxe, pesca eléctrica, radioseguemento etc. Amosóuselles as  instalacións e materiais de que dispoñen, así como videos sobre os ciclos biolóxicos das principais especies de Galicia. Pola tarde visitaron unha granxa cinexética de coello de monte pertencente ao coto de caza de Boqueixón, onde se cría en biotopos o coello de monte autóctono para súa repoboación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive