28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O mariñán Piñeiro Docampo, formará parte da dirección do Partido Demócrata Europeo EDP-PDE

27-11-19

 A Mariña, 27 de novembro, 2019. Juan Carlos Piñeiro Docampo, natural de San Cibrao e con domicilio en Burela, actual Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, será elixido o día 29 membro da dirección europea do PDE-EDP (https://www.democrats.eu/).
Na actualidade o PDE EDP ten 10 euro deputados que están baixo a disciplina do grupo “renew Europe” supoñendo para CxG e para Galicia estar presentes no núcleo das decisións europeas.
Piñeiro Docampo ten unha ampla experiencia política e ven sendo o Secretario Xeral de CxG dende o 2º Congreso Nacional en 2017, recentemente renovou o seu mandato en setembro de 2019 no 3º Congreso Nacional de CxG. (https://gl.wikipedia.org/wiki/Juan_Carlos_Pi%C3%B1eiro)
Convértese CxG no primeiro Partido galego en ser membro de pleno dereito dun Partido Europeo, xa que non é exactamente o mesmo que os grupos do Parlamento Europeo.
“Como mariñán e residente de sta comarca, son consciente de que Europa ten a resposta de moitas das nosas problemáticas, traballarei dende a dirección do PDE en beneficio de Galicia e tamén especialmente en poñer voz á Mariña. A pesca e o tecido industrial estarán presentes na miña acción en Bruxelas” dixo Piñeiro en relación á Mariña.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive