19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

SON Viveiro-SON en Común solicita o cumprimento da normativa sobre liñas eléctricas

08-11-19

 Viveiro, 7 de novembro, 2019. SON Viveiro-SON en Común exporá e defenderá, no pleno da corporación que se celebrará o próximo martes, unha moción sobre o Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión e Instrucións Técnicas Complementarias, onde solicitará a creación dunha mesa composta polas persoas responsables das diferentes compañías implicadas –entre as que destacan as de electricidade e telefonía–, polo persoal técnico municipal e polas portavocías dos diferentes grupos políticos, co obxectivo de elaborar un Plan de soterramento das liñas eléctricas existentes, comezando polo centro urbano.
Segundo o voceiro da formación, Luis Manuel García Otero, “é unha das actuacións pendentes no noso municipio, sendo ademais prioritaria para que o casco antigo poida ser declarado conxunto histórico. Debemos adaptarnos á normativa vixente, que sinala que as acometidas aéreas pousadas sobre fachadas deben instalarse baixo condutos cerrados ou canles protectoras con tapa desmontable coa axuda dun útil.”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive