Viveiro, 8 de novembro, 2019. Xa o 14 de setembro preguntába o BNG por escrito ao concello, unha relación dos locais que están en propiedade do Concello de Viveiro (escolas unitarias, escola-taller, centro comarcal, centros sociais, casa da xuventude, casa dos mestres, casa do guarda, baixos, pavillóns deportivos…) na que se detallase o estado dos inmobles, indicando cales non están debidamente acondicionados para ser utilizados, así como as asociacións, colectivos e/ou outros que actualmente están a facer uso destes espazos como tamén os criterios de concesión do uso dos mesmos e condicións de cesión de cada local (contratos de cesión, duración…). Escrito ao cal non recibimos resposta aínda hoxe.
O 2 de outubro volvimos a preguntar á alcaldesa do PSOE no Pleno da Corporación Municipal por esta relación de locais. Tampouco tivemos resposta ás nosas preguntas, a pesares de rexistrar as preguntas plenarias semanas antes da celebración do mesmo.
Fronte a repetitiva omisión de resposta por parte do goberno do PSOE, no vindeiro pleno do 12 de novembro volvemos a instar á sra. alcaldesa a facer un exercicio de transparencia e democracia para que nos conteste as seguintes preguntas:
1.Relación de locais municipais nos que o concello e as asociacións e colectivos desenvolven actividades culturais, deportivas ou de ocio.
2.Criterios de cesión dos locais municipais utilizados polas asociacións e/ou colectivos deportivos.
3.Relación de entidades que actualmente teñen cedido algún dos locais municipais.


















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



