Lugo, 2 de decembro de 2019. A Rede Museística, conmemora, como cada ano, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra este martes, 3 de decembro. Baixo o lema Museos sen Límites, Museos Posibles, o Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede organiza unha serie de actividades no Museo do Mar e na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.
Trátase de actividades pensadas para concienciar sobre a situación das persoas con capacidades diferentes en múltiples aspectos da súa vida, organizadas en colaboración con asociacións da contorna.
O apoio á diversidade
A Rede Museística , no seu afán de acadar un museo social, fai un traballo a longo prazo pola inclusión e a diversidade, organizando numerosas actividades adicadas aos colectivos máis desfavorecidos e invisibilizados, un labor que foi recoñecido en diferentes ocasións por parte de colectivos e asociacións.
No ano 2.000 a Rede Museística ideou o seu Plan Estratéxico Inclusivo, potenciado en 2.008 pola creación do Departamento de Capacidades Diferentes, un departamento que aboga por uns museos inclusivos e accesíbeis, adaptando o espazo, o, contido, o discurso e a montaxe; para acadar a plena integración das persoas con capacidades diferentes e alcanzar unha sociedade realmente xusta.
Neste aspecto a Rede Museística da Deputación de Lugo vai máis alá da mera prestación de servizos para persoas con capacidades diferentes e adapta os seus postos de traballo para garantir a súa inclusión, como no caso de Ángeles Miguélez Martínez, guía do Museo provincial do Mar e invidente, que impartirá a conciencia-obradoiro Rompendo límites que terá lugar o martes 3, no Museo Provincial do Mar.
Programa
Martes, 3 de decembro de 2019
– Ás 18:00 horas no Museo Provincial do Mar: Conferencia-obradoiro: Rompendo límites. Participantes: Usuarios da Asociación Camiña Burela.
Imparte: María de los Ángeles Miguélez Martínez, guía Museo provincial do Mar.
Martes, 16 de decembro de 2019
– De 11:00 horas a 13:00 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos: Obradoiro: O poder da presenza. Participantes: Usuarios de COGAMI. Imparte: Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
– De 11:00 horas a 13: 00 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos: Charla-obradoiro: Nin límites, nin barreiras. Imparte: Lorena Quintas Rejo, artista invidente.





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



