25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Patricia Otero reclámalle á Consellería de Pesca que se arme de “argumentos e informes técnicos” e atenda ao sector para optimizar a “marxe de manobra” nas negociacións

03-12-19

Santiago de Compostela, 03 de decembro de 2019. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, esixiu hoxe “lealdade institucional” da Xunta co Ministerio de Pesca para afrontar “da man” as negociacións dos TACs e cuotas de pesca que se aprobarán en Bruxelas neste mes. A responsable socialista instou á Consellería de Pesca a presentar “argumentos e informes técnicos” e acadar o apoio de todo o sector nestas negociacións.

A responsable socialista apelou ao “traballo conxunto” entre a administración e o sector pesqueiro para poñer en valor a importancia socioeconómica das actividade pesqueira e conseguir “o máximo rendemento de tódolos stocks tendo en conta a sostibilidade económica e social” compatible co equilibrio medioambiental. Defendeu así a necesidade de “prestarlle ao sector pesqueiro unha mínima estabilidade evitando variacións bruscas nos TACs entre un ano e outro”.

Así, reclamoulle ao goberno galego que acuda á cita atendendo ao sector “para que a prohibición de descartes e a obriga de desembarques teñan o menor impacto posible”. Ademais, reclamou a incorporación dos indicadores económicos da actividade pesqueira incluíndo ademais “toda a información da cadea de valor, tendo en contra os parámetros que afectan ás industrias auxiliares que tamén dependen da pesca”.

O obxectivo, dixo, deberá ser maximizar a relativamente boa posición na que a flota galega acadou nas negociacións de 2019, por canto “hai marxe de manobra” ata a sinatura do documento definitivo.

Pesquerías

Otero instou a “seguir traballando para conseguir o maior nivel posible de cuotas”, e advertiu por exemplo que “non entendemos nin compartimos o recorte na pescada”, que xa se atopa no seu máximo sostible nas pesquerías de Gran Sol e Golfo de Cádiz. No caso do xurelo asegurou que “non entendemos a redución do 40 por cento da cuota no Cantábrico e moito menos do 50 por cento do TAC en zona 9A, que é incoherente co ditame científico avalando o seu incremento”.

A responsable socialista instou á Xunta a “traballar para conseguir a reapertura da pesquería da cigala en Galicia, pecahada dende 2017”, e instou a “aproveitar a marxe de manobra” aberto polo incremento de cota de xarda, logo das dificultades provocadas polo recorte na anterior negociación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive