Lugo, 13 de febreiro de 2020.- Máis dunha trintena de actividades culturais encherán o Mes de Rosalía, unha programación organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da data de nacemento da escritora de Padrón, o 24 de febreiro.
Durante a segunda quincena de febreiro e o mes de marzo, desenvolveranse recitais poéticos, representacións teatrais, actuacións musicais e intervencións artísticas co fin de ampliar o coñecemento e por en valor a vida e obra da autora, “referente necesario na procura de dignidade para a lingua e a cultura galegas e na defensa do papel das mulleres na sociedade”.
A vicepresidenta, Maite Ferreiro, animou “a todos os concellos, entidades e colectivos a sumarse á celebración do Día de Rosalía, neste e en vindeiros anos, para acadar o recoñecemento oficial desta data”.
Na presentación participaron o escritor Antonio Reigosa, da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e Montse González, responsable do Servizo de Normalización Linguística da Deputación de Lugo, que contribuíron a artellar a programación e coordinarán cadanseu recital poético.
O sábado 22 de febreiro, ás 13:00 horas, a AELG realizará no Parque de Rosalía de Lugo a tradicional lectura popular da obra de Rosalía, á que poderán sumarse todas as persoas que o desexen. Antes, lerase un manifesto asinado polo escritor Daniel Asorey centrado no fénomeno da emigración e do que signifou para Galiza.
O venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputacíon de Lugo, celebrarse un acto poético musical coa presenza de 23 poetas que lle porán voz a poemas de Follas Novas e Cantares Galegos e recitarán versos da súa propia autoría sobre temáticas abordadas por Rosalía de Castro. A cantautora Paloma Suances acompañará o acto con varias pezas musicais.
Culturactiva estrea programación o sábado coa montaxe Rosalía
Durante o Mes de Rosalía, dúas montaxes teatrais xirarán polos concellos da provincia. Unha delas será “Rosalía” de Culturactiva, unha montaxe para público familiar que recrea parte da infancia da escritora e que se está a estrear en toda Galiza. A primeira representación será o sábado 15 de febreiro ás 18:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
A outra produción que poderá verse en distintos escenarios da provincia ao longo das vindeiras semanas será “A pluma viva de Rosalía” dos Quinquilláns, unha obra sobre igualdade e liberdade a partir dos textos da poeta de Padrón baseada nun feito real de censura da súa obra.
Música no Pazo de San Marcos
Zoelas, Paloma Suances, Faia, Xoana e García MC completan o elenco de actuacións musicais que se desenvolverán durante o Mes de Rosalía, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
Grafiti nos colexios
O graffiti será o outro elemento da oferta cultural do Mes de Rosalía.Otro Prisma e Concepto Circo realizarán intervencións artísticas en doce colexios da provincia.
Ademais, o 6 de marzo, o Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá unha proxección de audiovisuais realizados en centros escolares arredor do Día de Rosalía, na que a pintura mural tamén terá protagonismo.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



