22 de Febreiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG ven de aprobar o inicio do proceso de primarias para a elección dos candidatos para as eleccións galegas

15-02-20

Compostela, 15 de febreiro, 2020. O Consello nacional ven de aprobar o inicio do proceso de primarias para a elección dos candidatos/as de cada provincia. Para as eleccións galegas de 2020.

Compromiso por Galicia como forza netamente galega, sen dependencias, estará presente no proceso electoral de #5A #galegas2020

Os candidatos e candidatas a cabeza de lista saíran dun proceso de primarias coa participación da afiliación. O día 20 ás 16:00 horas proclamaranse os Candidatos/as, logo do tempo de campaña o día 22 terá lugar o propio proceso electoral que terá dúas opcións, voto presencial ou votación telemática tal como aprobou o Consello Nacional. Se soamente se presenta un aspirante non terá lugar a votación.

“É certo que a vontade de Compromiso por Galicia en estas eleccións de 2020 é sumar no espazo netamente galego, polos debates feitos no Consello Nacional, co obxectivo de ter un proxecto propio para Galicia, non contra ninguén. Neste senso estamos traballando, mais é preciso seguir cos mecanismos propios da organización. A experiencia de negociación das eleccións xerais indica o camiño a seguir, no que unha forza, En Marea, non foi o seria e precisa que nos gusta en CxG ” remarcou Piñeiro Docampo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive