10 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro pon en marcha a súa mesa de turismo con todos os axentes do sector para coordinar e planificar a súa oferta

12-02-20

 Viveiro, 12 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro porá en marcha a súa Mesa de Turismo, unha nova ferramenta que nace co obxectivo de planificar e coordinar as accións e a oferta turística da vila con todos os axentes implicados no sector.
En concreto, o Concello de Viviero convida a todas aquelas persoas, empresas ou entidades que teñan interese por colaborar na mellora de Viveiro como destino turístico á primeira xornada de traballo para a posta en marcha da Mesa, que se celebrará na sala de xuntas do concello o próximo luns, 17 de febreriro, ás 17:30 horas.
“Queremos dar resposta a unha petición do sector turístico na que se nos solicitaba a posta en marcha dunha ferramenta de coordinación e planificación turística na que estiveran presentes o sector privado e o Concello de Viveiro, co obxectivo principal de unificar obxectivos e esforzos de cara aos próximos anos”, asegura a concelleira de Turismo, Marisol Rey.
Despois desta primeira xornada aberta virán outras moitas sectoriais nas que se planificará o futuro turístico de Viveiro, “polo que esperamos contar coa presencia de todas aquelas persoas interesadas en seguir mellorando o noso futuro”, engade.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lembra que “o potencial turístico de Viveiro atrae cada vez a máis xente durante todo o ano, é o momento de dar un paso máis para ofrecer unha oferta mellor, máis coordinada co sector privado”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive