22 de Febreiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro restaura as bases dos canóns instalados nos xardíns Noriega Varela

15-02-20

 Viveiro, 15 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro rematou estes días a restauración das bases dos canóns instalados nos xardíns Noriega Varela.

Estes canóns proceden da fragata Santa María Magdalena, que se afundiu na ría de Viveiro o 2 de novembro de 1810. Os dous canóns de ferro foron recuperados na década dos 50 do século pasado e o obús a finais do século XX.

Estes canóns tiveron varias localizacións na vila, como a porta de Carlos V ou castelo da Ponte, e o parque Pernas Peón, mentres que o obús estivo colocado na rotonda norte, á entrada de Viveiro preto da Oficina de Turismo.

No ano 2010 celebrouse o bicentenario do afundimento na ría de Viveiro da fragata Magdalena e do bergantín Palomo, ademais doutros buques. Con este motivo, creouse unha Comisión do Bicentenario composta por varias entidades e o Concello de Viveiro para realizar diferentes actos de conmemoración da efeméride.

“Foi dentro deses actos cando se trouxeron desde o parque Pernas Peón para as inmediacións do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, situado nos xardíns de Noriega Varela”, lembra Jesús Fernández, tenente de alcalde e concelleiro do Mar de Viveiro.

Os canóns non tiñan cureñas e de facelas encargouse a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Lugo en madeira de carballo, pero co paso do tempo foise deteriorando e por iso houbo que realizar a restauración nas bases, tanto dun dos canóns de ferro como no obús de bronce.

Tamén restaurouse a simulación da cuberta do barco, onde está situado o outro canón de ferro. Se anteriormente as cureñas eran da case a mesma madeira que na época do afundimento, agora optouse por madeira de elondo, que soporta mellor as condicións meteoroloxicas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive