Lugo, a 15 de febreiro de 2020. O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, deputado nacional, asistiu hoxe, xunto con deputados autonómicos e representantes orgánicos do partido nos ámbitos provincial e local, á XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada. Nese marco fixo unha dura crítica as políticas do Goberno central en materia de agricultura e gandería e lanzou un aviso ao presidente Pedro Sánchez en relación coa intención da UE de recortar nun 14% o presuposto da PAC e de rebaixar tamén os fondos de cohesión. De Olano declarou: “Exigimos al Gobierno que no admita semejante recorte, que podría abocar al cierre a cientos de explotaciones ganaderas y agrícolas en Galicia; exigimos al presidente Sánchez que no se cruce de brazos con la PAC tal y como hizo con los aranceles impuestos a algunos productos como el queso o el vino. El Gobierno español se cruzó de brazos mientras Francia e Italia negociaron y consiguieron que a sus productos no se les impusieran esos aranceles”.
Jaime de Olano recordou que a PAC é fundamental para manter as explotacións agrícolas e gandeiras e polo tanto para manter poboación nos concellos rurais. Nesta liña destacou que Galicia, no 2019, recibiu 144 millóns de euros da PAC (210 M€ con atrasos), dos que se beneficiaron 24.600 produtores. Á provincia de Lugo correspondéronlle 70,4 millóns. Ao Concello da Fonsagrada foron 2,2 millóns de euros, unha cantidade de cuxa importancia da idea o feito de que o presuposto municipal ascende a 3,4 millóns.
O vicesecretario de Participación do PP manifestou que ao risco de recortes na PAC se suman as dificultades que supoñen os impostos, o prezo do gasóleo, os custes laborais, etcétera. De Olano declarou: “Sánchez está tiñendo de negro un rural que hasta ahora era verde. Exigimos al presidente del Gobierno una política fiscal adecuada, que evite los recortes en la PAC y que facilite una financiación autonómica que permita que todos los españoles tengan los mismos servicios independientemente de dónde vivan, en las ciudades o en el rural”. Agregou: “Hasta ahora todo han sido malas noticias y puñaladas a Galicia por parte de Sánchez y sus socios de Podemos y BNG; Se nos retienen 200 millones del IVA y los 170 millones que nos corresponden como CCAA cumplidora; nos retienen decenas de millones de euros que corresponden a los concellos y las diputaciones provinciales”. Polo tanto, resumiu De Olano, “se ponen en riesgo los servicios públicos básicos”.
De Olano tamén destacou: “Se nos retrasan las infraestructuras como el AVE, se recortan las inversiones un 17%; los gallegos ya están hartos, estamos hartos, de tantos agravios y el 5 de abril tendremos la oportunidad de decirle “así no” a Sánchez; a su delegado en Galicia, el señor Caballero, y a sus socios del BNG, de Podemos, etcétera”. Considera que chegou a hora de dicir ao presidente do Goberno de España: “No mienta más a los gallegos, no los engañe, porque no lo merecen. Valga este ejemplo: Esta semana el Gobierno de Sánchez respondió por escrito a los diputados del PP que no tiene Intención de ampliar el polígono industrial del San Cibrao das Viñas, en Ourense, y a los pocos días el delegado del Gobierno en Galicia les dijo a los empresarios ourensáns que sí lo van a ampliar”.
Jaime de Olano declarou: “No admitimos que se mienta a los gallegos para intentar arañar unos pocos votos. Galicia se merece un Gobierno serio, que no mienta; un Gobierno responsable como el de Alberto Núñez Feijóo, de nuevo candidato del PPdeG a la presidencia de la Xunta”. Destacou que fronte a estes agravios resaltan as políticas de Feijóo encamiñadas a reducir impostos no rural, co obxectivo de cero impostos no rural. Na mesma liña destacou as políticas deseñadas pola Xunta para mobilizar terras ata agora improdutivas e as iniciativas para rendibilizar os produtos galegos con garantía de orixe baixo o selo Galicia Calidade.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



