05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Daniel Vega: “É de xustiza que se permita a mobilidade entre as comunidades de Galicia e Asturias”

23-05-20

 Ribadeo, a 23 de maio de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, asegura que “é de xustiza que se permita a mobilidade entre as comunidades de Galicia e Asturias”.

Vega cre que “é razoable que na fase 2 na que entrarán ambas comunidades o vindeiro luns se permita a mobilidade entre elas” porque, en ambos casos, teñen realizado un traballo responsable ante a crise do coronavirus e así o demostran os seus indicadores”. Polo tanto, “é hora de que o Goberno actúe”, incide.

Tendo en conta que “existe unha gran relación entre ambas comunidades e, especialmente, entre Ribadeo e todo o occidente asturiano; é moi importante a comunicación entre ambas comunidades” que contribuiría tamén á reactivación do tecido económico ribadense. Hai que ter en conta que “as vendas do comercio local dirixidas ao occidente asturiano representan o 60% do seu volume total”.

O popular sinala que o presidente da Xunta xa fixo esta “sensata reivindicación” hai máis de quince días e dende o Grupo Municipal Popular de Ribadeo “apoiamos esta petición dirixida ao mando único que, durante o estado de alarma, é o Goberno central”, explica Vega. Así mesmo, defende que “a reivindicación de Ribadeo tiña que partir dende a corporación municipal en forma de acordo consensuada con tódolos grupos”.

Con todo, Daniel Vega asegura que “apoiaremos todas as peticións para que, máis rápido que tarde, sexa unha realidade que se permita a mobilidade entre as dúas comunidades” porque “sería moi positivo para Ribadeo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive