13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Luis e Diego Juve súmanse ó proxecto 2020 2021 do Lourenzá

07-07-20

 Lourenzá, 7 de xullo, 2020. Coas renovacións de Luís e Diego son 5 os xogadores que continuarán o vindeiro curso.
Luís disputou esta pasada tempada 23 partidos, 22 como titular; con 1708 minutos e 5 goles: a Guntín, Pol, Castro, Taboada e Pastoricense.
Diego xogou 16 partidos, 15 como titular cun total de 1368 minutos e 2 goles, diante de Folgueiro e Monterroso.
Logo da súa renovacion, Luís Santamarina apuntou: “Toda unha vida neste equipo e poder defender as cores do teu pobo é todo un privilexio”.
Diego López: “Moi contento de seguir formando parte desta familia atlética, e coa chegada de Roberto esperamos seguir aprendendo cousas e acadar o obxectivo do club”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive