28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Área de autocaravanas en Trabada

23-10-20

O Presidente, José Tomé, explicou que o Goberno deu hoxe luz verde a unha solicitude do Concello de Trabada para modificar o destino dun investimento do Plan Único 2020. O Concello decidiu que destinará 40.500€ á creación dun aparcamento para autocaravanas en Ría de Abres, ao carón da estrada nacional N-640, en vez de ao Museo Etnográfico, xa que para esta actuación obtivo unha axuda da Administración autonómica. A área contará con 9 prazas e incluirá unha zona verde, ademais dun espazo para o baleirado de augas. Este asunto vaise ratificar no Pleno Ordinario do mes de outubro, que se celebrará o vindeiro martes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive