26 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP rexeita a proposta socialista para paralizar e eximir da liquidación de taxas portuarias correspondentes ao estado de alarma

16-10-20

 Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020. O PP vén de rexeitar unha iniciativa socialista para paralizar e eximir da liquidación de taxas portuarias correspondentes á duración do Estado de Alarma e realizar unha bonificación dende o final do estado de alarma ata final de ano para as entidades e empresas usuarias dos portos de titularidade autonómica. A iniciativa foi presentada pola portavoz de Pesca, Patricia Otero, na Comisión de Pesca que se celebrou hoxe.

A responsable socialista argumentou que as medidas de “flexibilización do pago das taxas portuarias”, consistentes en retrasar a emisión das novas taxas ata dous meses despois do estado de alarma, “é pan para hoxe e fame para mañá” xa que non “sirven para inxectar liquidez” e “trasladan o problema a un momento posterior”. Agora, lamenta, se están a enviar estas liquidacións de taxas pertencentes a períodos de tempo nos que os operadores portuarios ou ben “non estiveron a facturar, ou ben sufriron fortes caídas na súa facturación”.

Ademais, Otero laiouse de que Portos de Galicia esgrima que non se pode facer ningunha modificación na liquidación das taxas autonómicas, ao tempo que “outras comunidades si o fixeron, como Andalucía ou Cataluña”. Neste eido, considera que “é cuestión de vontade política decidir se se quere apoiar ao sector ou non”.

A socialista solicitou o “compromiso” co sector e lamentou que o PP, “tendo as ferramentas legais a súa disposición” para “axudar ao sector”, non o faga. Otero suliñou que é o intre de levar a cabo “medidas reais, nun momento compricado” e criticou que “o único afán de Portos de Galicia é plenamente recaudatorio”.

Finalmente, a responsable socialista recoñeceu o labor do sector pesqueiro quen estivo “en primeira liña” e “a pé de cañón” durante o estado de alarma para que non fallase o abastecemento dun produto de primeira necesidade como o peixe.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive