Responsables do PP asegurar que o goberno galego paralizou a iniciativa para a creación de un “polígono supramunicipal” nas inmediacións de Alcoa en terreos do concello de Cervo e Xove.
Os populares indican que o polígono estaba comprometido polo anterior goberno da Xunta dentro do Plan Galicia e que contaba cun orzamento inicial de 1,5 millóns de euros.
Nota de Prensa
A PARALIZACIÓN DO POLÍGONO SUPRAMUNICIPAL DE ALCOA ESTÁ A OCASIONAR UN GRAVE PERXUIZO ECONÓMICO Á MARIÑA, SEGUNDO O PARTIDO POPULAR
- Os populares lembran que éste era un proxecto comprometido polo anterior Goberno da Xunta e que contaba, de feito, cun orzamento inicial de 1,5 millóns de euros
Cervo, a 4 de xuño de 2008.- A paralización dalgúns dos proxectos que o anterior Goberno da Xunta de Galicia tiña comprometidos para o municipio de Cervo foi un dos asuntos analizados durante o encontro que os integrantes do Grupo municipal popular deste concello, que lidera Alfonso Villares, xunto con afiliados e simpatizantes, mantiveron co Presidente provincial José Manuel Barreiro. Un encontro no que tamén participou o Secretario xeral da formación política e concelleiro en Cervo José Manuel Balseiro e a senadora María del Carmen Gueimunde.
Os populares entenden que a paralización por parte do Goberno que presidente Emilio Pérez Touriño dalgúns proxectos que estaban previsto executar en Cervo están a ocasionar un grave perxuizo a este municipio en particular e á Mariña en xeral. José Manuel Barreiro referiuse especialmente ó polígono supramunicipal que estaba previsto construir nas inmedicacións de Alcoa e que, entre outras cousas, permitiría aproveitar o importante pulo económico que ten esta empresa, así como rentabilizar as propias instalacións portuarias coas que conta.
Ademais, aínda que só ocuparía terreos ubicados nos municipios de Cervo e Xove, beneficiaría, segundo salientou Barreiro, pola súa céntrica ubicación ó conxunto da comarca Mariña.
Os populares indicaron que a paralización desta iniciativa “non ten ningún sentido nin hai ningunha razón que a xustifique”. Lembran neste senso que o proxecto, incluido no Plan Galicia, xa estaba redactado e tiña asignado ademais unha partida orzamentaria inicial de 1,5 millóns de euros.
Nunha situación parecida a ésta atópase o saneamento de San Cibrao que, segundo recalcan dende o PP, tamén quedou consignado por parte do Goberno de Manuel Fraga pero que “desgraciadamente e despois de case catro anos é un proxecto totalmente esquecido”.
Os integrantes do Partido Popular tamén analizaron a “curiosa” situación que se está a dar na Atalaia e insistiron en que se a relevancia dos restos arqueolóxicos encontrados na zona fainos merecedores de proteccións, a Xunta debería tomar cartas no asunto.
Lembraron de feito que, a proposta do deputado autonómico José Manuel Balseiro, xa se presentou no Parlamento galego unha iniciativa na que se insta á Consellería de Cultura a que adquira os terreos afectados para proceder á protección do xacemento.
O encontro mantido polos populares de Cervo co responsable provincial do partido enmárcase dentro do calendario de reunións que José Manuel Barreiro está a desenvolver por toda a provincia para coñecer de primeira man a situación na que se atopan cada un dos municipios e que actuacións están a levar a cabo as agrupacións locais.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



