Decía o pensador francés Alain Touraine que neste século XXI estabamos a vivir baixo os efectos dun capitalismo extremo, emancipador da política e practicamente liberado de toda regulación. Un capitalismo fundamentado na doctrina neoliberal que dende hai máis de catro décadas baseou a súa expansión e consolidación no mantra de que non era posible outra alternativa.
Un eslogan que se coñece polo seu acrónimo “TINA” que popularizou Margaret Thatcher coa pretensión de levar ao convencemento da cidadanía e dos axentes sociais de que esta forma de capitalismo era o único sistema viable.
Tal estratexia, de que non hai outra alternativa, acabou consolidando un marco enormemente ríxido e moi difícil de transcender. Capaz de lograr que todos os actores políticos acabaran adaptándose aos seus principios como os únicos posibles a aplicar na xestión política.
Este feito, acabou producindo unha profunda crise de representación pola crecente desconexión que se foi creando entre unha gran parte da cidadanía e os seus representantes. E, ademais, pola limitación enorme que supoñía ás expectativas de cambio, cerrando todo horizonte de futuro.
Todo isto, ademais de deteriorar a democracia e a soberanía dos pobos, foi creando cada vez máis escepticismo e desafección política que desembocou nun amplo descontento social a partir da crise económica do 2008.
Un feito que en España cristalizou no Movemento 15 M no 2011. Unha reacción de indignación que levou ás rúas e prazas a milleiros de persoas, sobretodo xente moza, baixo o principal lema de: ” Non nos representan”. Un lema que poñía no punto de mira, principalmente, aos partidos políticos do sistema e ao capital financeiro representado pola banca.
Tratábase dun gran movemento progresista de protesta que tiña como obxetivo mellorar as cousas propoñendo unha democracia de maior calidade.
Pero en menos de quince anos, como nos dixo a politóloga Cristina Monge, a indignación foi transformándose en decepción, e o que para min resulta máis preocupante: a esperanza trocaría en medo. Medo a un futura incerto e ameazante que se foi concretando en fenómenos como o cambio climático, a revolución dixital, a robótica, a intelixencia artificial, o imparable avance dos movementos migratorios e sobre todo, a desconfianza nos políticos para xestionar esta situación.
Xa que logo, o que foi un movemento de rebeldía e indignación basado na esperanza e co obxetivo de ampliar e mellorar a democracia, pasou a converterse nun movemento reaccionario empuxado polo medo ao futuro e co obxetivo de cuestionar a democracia co fin de lograr a implantación de sistemas mais autoritarios co fin de asegurar as estruturas de dominación do sistema capitalista.
Esta parece ser a loita na que hoxe estamos inmersos.




















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



