Montse Valcárcel: “É unha falta de respecto e unha mostra máis de como, para a o PP na Xunta, a xestión comunitaria non é unha prioridade real”
Santiago de Compostela, 26 marzo 2026. A portavoz de Montes do BNG no Parlamento, Montse Valcárcel, criticou o castigo que a Xunta está a practicar coas comunidades de montes e que se concreta no atraso, improvisación e recorte encuberto nas axudas para a prevención de incendios e para a xestión dos montes veciñais, asegurando que, nun País onde estas entidades son “peza central da superficie forestal e da loita contra o lume, non se trata só dun “retraso administrativo” senón dunha “falta de respecto e unha mostra máis de como, para o PP na Xunta, a xestión comunitaria é retórica, non é unha prioridade real”.
Na súa intervención na Comisión de Agricultura, Valcárcel referiuse ás axudas anunciadas para 2025 que “se venden como a gran aposta pola prevención” pero que “se resolven en pleno 2026, deixando fóra a moitas comunidades só por falta de crédito”. Denunciou que non se trata só dun problema de calendario, que lles supón ás comunidades de montes chegar fóra de prazo para planificar os traballos de prevención como rareos, faixas, rozas, que se deben realizar en fiestras concretas do ano para ser eficaces.
Tamén é un problema porque a propia Xunta tivo que ampliar o crédito ate os 5,4 millóns de euros para 2025 e 2026, “e nin así foi quen de atender a demanda”, afeou Valcárcel. Asegura que, nas resolucións das axudas, repítese o patrón de que os expedientes están correctamente formulados, cumpren con todos os requisitos e obteñen puntuacións significativas, pero quedan denegados unicamente por esgotamento do crédito dispoñible. Non fallaron as comunidades, fallou a Xunta ao non prever orzamento suficiente”, expresou.
Advertiu que isto sucede ademais nun contexto de risco recorrente de grandes incendios, cambio climático e abandono de superficie forestal que esixe xusto o contrario: “máis apoio, rapidez e estabilidade para quen está no territorio facendo o traballo”, contrapuxo.
A deputada nacionalista sinalou que esta situación se repite ao longo do País, con comunidades de montes e agrupacións de xestión conxunta de distintos concellos e comarcas que ven como, despois de investir tempo en proxectar, tramitar e cumprir con toda a burocracia, a resposta final é un “non hai crédito”. Estamos, por tanto, “diante dunha insuficiencia de orzamento que non é un accidente, é unha decisión política”, proclamou.
Propostas do BNG
Na iniciativa, o BNG non pedía “nada extravagante”, solicitaba á Xunta de Rueda a adopción de medidas organizativas necesarias para que as axudas se tramiten e resolvan dentro do exercicio correspondente, evitando atrasos que desvirtúan a utilidade da prevención. Tamén demandaba que se realice unha nova ampliación de crédito para a convocatoria de 2025 co fin de incorporar como beneficiarias, con carácter prioritario, as comunidades e agrupacións denegadas exclusivamente por esgotamento de fondos. Por último, reclamaba que se planifique para os vindeiros exercicios dotación suficiente, estable e axustada ao volume real de solicitudes, garantindo que todo expediente que supere os limiares establecidos poida ser atendido.
O BNG propoñía, en definitiva, algo “moi sinxelo”: que quen fai o traballo no territorio teña certeza, tempo e recursos e que non haxa nin unha soa comunidade de montes que quede fóra das axudas só porque o PP na Xunta “decidiu quedar curta nos orzamentos”.
“O que está en xogo aquí non é un trámite máis nin un debate técnico sobre unha orde concreta: é escoller seguir castigando as comunidades de montes con atrasos e orzamentos curtos, ou recoñecer de verdade que son actor central na prevención de incendios e no futuro do noso rural”, concluíu Valcárcel.
Na súa réplica, a deputada nacionalista reprochoulle ao PP que xustifique que as axudas de 2025 se resolvan en 2026.
“Non pode ser que a Xunta se poña medallas de prevención exemplar mentres hai comunidades de montes que non recibiron axudas porque non hai orzamento de abondo”, concluíu.
O PP votou en contra da iniciativa do BNG.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



