O Vicedo, 26 de marzo de 2025. No pleno celebrado onte, o BNG presentou unha moción para a creación dun parque público entre a rúa Francisco Vilasuso e a rúa do Porto, concibido como un espazo de lecer moderno, seguro e pensado para todas as idades. A iniciativa buscaba promover hábitos de vida saudables e favorecer a convivencia entre nenos, mozos e persoas maiores.
Durante o debate, o PP presentou unha enmenda á totalidade, que —segundo o BNG— desvirtuou por completo a proposta inicial. A moción acabou aprobándose, pero substituída pola emenda popular, que se limita a “estudar a posibilidade” da creación do parque. Para o BNG, esta formulación evidencia que “non existe vontade real por parte do PP nin do señor Novo de construír o parque”.
O BNG acusa o PP de bloquear propostas e carecer de proxecto para O Vicedo
O portavoz do BNG, Miguel Gómez, afirmou que “o goberno do PP non só non ten proxecto para O Vicedo, senón que bloquea sistematicamente todas e cada unha das propostas que presentamos, tentando silenciarnos e desanimar á veciñanza que quere un Vicedo vivo e moderno”.
O grupo nacionalista tamén lamentou que o PP non quixese debater nin comentar outras propostas e rogos presentados no pleno, como o rexistro oficial das marcas do Concello, medidas de seguridade na rúa Francisco Vilasuso ou os cortes de luz nas parroquias. “Isto fainos sospeitar que ou ben descoñecían estes asuntos ou ben non teñen ningún interese nas melloras que propoñemos para o noso concello”, engadiu Gómez.
O BNG reivindica ter proxecto e anuncia que seguirá traballando por un Vicedo con futuro
Os nacionalistas aseguran que continuarán presentando iniciativas e defendéndoas onde sexa necesario. “O noso grupo ten proxecto porque non só propón medidas para o presente, senón tamén ideas de futuro para O Vicedo. Queremos sentar as bases dun concello con oportunidades para as xeracións vindeiras”, sinalaron.
O BNG conclúe que, se o PP “non ten interese en crear infraestruturas e servizos no Vicedo”, eles seguirán traballando e, de obter apoio suficiente nas eleccións de 2027, comprométense a impulsar estas propostas desde o goberno municipal.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



